Deporte
Ocio

Andainas saudables

A Cruz Vermella organiza unas Andainas Saudables en colaboración co Concello de Cambados. A actividade está dirixida a maiores de 65 anos e a inscrición é gratuíta.

As andainas saudables comezarán o 13 de agosto e rematarán o 30 de setembro. Realizaranse os martes de 10 a 11 horas.

Esta actividade está dirixida a maiores de 65 anos e a inscrición, gratuíta, debe facerse na Biblioteca Municipal Luís Rei, en horario de 9 a 14 horas e de 16 a 21 horas. Tamén poden inscribirse no enderezo electrónico arosa@cruzroja.es e no número de teléfono 986 512244.

As andainas terán os seus percorridos por sendeiros e paraxes naturais de Cambados.

Queres recibir noticias nosas no teu correo?