Ocio
Infantil

As bombas e o xeneral

Espectáculo de monicreques da compañía Tanxarina

Sinopse: Espectáculo onde se recrea con siluetas animadas música e actores a historia dun Xeneral que quere organizar unha guerra e para iso conta cun arsenal de bombas atómicas. Os átomos saben das intencións do militar e deciden fuxir a un lugar mellor. O seu xefe verá frustradas as súas intencións.

Un espectáculo de total actualidade para concienciar os máis pequenos dos danos que provocan as guerras e as súas consecuencias.Un final amable para unha situación de conflito onde tamén presentamos os efectos devastadores dunha guerra.

Queres recibir noticias nosas no teu correo?