Arte e Cultura
Ocio
Xa pasou, chegas tarde

Entre soños

Espectáculo de danza da compañía Fran Sieira.

Que é EntreSoños?

"Ese soño que me invade cada noite facéndome crer algo que non son, pero que podería chegar a ser, e á vez o medo e a incerteza que me dominan e fanme volver a ese estado de consciencia que me di que non é máis que un soño e que non deixará de ser nunca máis que iso.

Dentro do meu soño teño ledicia, total liberdade de expresión e movemento. Non importa con quen, para quen, de que xeito e onde. Só importa a música e o movemento que o meu corpo xera ao sentila.

É o meu soño, só mando eu. Dentro del non hai medos nin complexos. No soño podo facer voar a miña imaxinación a límites insospeitados, limites inalcanzables para min ao despertar cada mañá de esa cama. No meu soño podo bailar como eu sei, aproveitando o máis pequeno anaco de creatividade sen medos nin prexuízos porque é o meu soño. A miña obra que cada noite me invade, apoderándose da miña inconsciencia e facéndome vivir o que fóra desa cama non me atrevo a amosar".

EntreSoños é unha obra de baile e música tradicional galega de 70-80 min de duración, cun elenco artístico de 3 bailadores/cantadores: Fran Sieira, Aida Tarrío e Xisco Feijoó, ao son da música do compositor e músico multidisciplinar Anxo Pintos, todo isto dentro de un marco escénico deseñado por Luis Perdiguero (escenografía e iluminación) e desde unha visión contemporánea a través dos ollos do codirector David Vilariño (bailarín contemporáneo e coreógrafo).

Queres recibir noticias nosas no teu correo?